Acerca de

Requirimentos

Requirimentos

Para executar WordPress, recoméndase que o teu aloxamento soporte:

  • Versión 7.4 de PHP ou superior.
  • MySQL versión 8.0 ou superior OU MariaDB versión 10.5 ou superior.
  • Compatibilidade con HTTPS

Exactamente. Recomendamos Apache ou Nginx, ao ser os servidores máis robustos e flexibles para executar WordPress, pero calquera servidor que sexa compatible con PHP e MySQL funcionará. É dicir, non podemos probar todo entorno posible e cada aloxamento da nosa páxina de aloxamento é compatible co anterior sen problemas.

Para obter recomendacións detalladas sobre extensións PHP, consulta o manual de aloxamento web.

Nota: Se te encontras nun entorno obsoleto no que só tes versións antigas de PHP ou MySQL, WordPress tamén funciona con PHP 7.0+ e MySQL 5.5.5+, pero estas versións acadaron o fin de vida oficial e, polo tanto, poden expor o teu sitio a vulnerabilidades de seguridade.

Pedirlle ao teu aloxamento que execute WordPress.

Se non estás seguro de se o teu aloxamento xa pode executar WordPress, aquí tes unha petición que podes copiar e pegar para enviarlla!

Estou interesado en executar o software web de código aberto WordPress <https://gl.wordpress.org/> e preguntábame se a miña conta admite o seguinte:

  • PHP 7.4 ou superior
  • MySQL 8.0 ou superior OU MariaDB 10.5 ou superior
  • Nginx ou Apache con módulo mod_rewrite
  • é compatible con HTTPS

Grazas!

Non obrigatorio, pero sí recomendado para unha mellor seguridade.

O aloxamento é máis seguro cando as aplicacións PHP, como WordPress, se executan utilizando o nome de usuario da túa conta en lugar do nome de usuario compartido por defecto do servidor. Pregunta ao teu potencial provedor de aloxamento que medidas toman para garantir a seguridade da túa conta.